Saturday 27 de April de 2024

Máis de medio cento de veciños e veciñas de Frades participaron na Festa de Entroido


 

Máis e medio cento de veciños e veciñas, tanto rapazada como as súas familias, participaron este luns na tradicional Festa de Entroido organizada polo Concello de Frades. Unha actividade celebrada no edificio multiúsos de Cimadevila, que acolleu unha divertida festa con dous obradoiros, de máscaras e maquillaxe, así como música e xogos para os nenos e nenas.

Así mesmo, todas as crianzas que asistiron disfrazadas levaron unhas lambonadas e todas as persoas presentes, tanto crianzas como adultas, puideron degustar unha merenda tradicional de Entroido grazas á colaboración da ANPA do CPI de Ponte Carreira, que achegaron orellas, periquiños, flores, filloas recheas…